Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Trasladada unha persoa en helicóptero tras recibir o golde dunha vaca en Chandrexa de Queixa

 

Preto das das oito da tarde de onte, domingo, unha persoa resultaba ferida tras recibir o golpe dunha vaca na parroquia de Requeixo (Chandrexa de Queixa). O suceso producíase cando “o coidador da vaca quixo retirarlle unha carracha ao animal e este respondeulle cun golpe nun ollo”, segundo informa o 112 Galicia.

O ferido, que presentaba lesións na zona do ollo, tivo que ser evacuado nun helicóptero medicalizado ao Hospital de Ourense co fin de recibir tratamento urxente polas lesións ocasionadas. Ata o lugar acudía un equipo a bordo da aeronave de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, segundo a información feita pública polo 112 Galicia.

Ademais do equipo médico, neste operativo colaboraron os axentes da Garda Civil, os membros do GES de Maceda e os voluntarios de Protección Civil de Chandrexa de Queixa. “Todos estes recursos foron avisados desde a central do 112 Galicia despois de recibir a alerta da mobilización do helicóptero”, indica o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button