ConcellosMonforte de LemosÚltima hora

Trasladadas 2 persoas tras o incendio dunha vivenda en Monforte de Lemos

 

Dúas persoas eran trasladadas na tarde de onte, tras un incendio que afectaba á práctica totalidade dunha vivenda en Monforte de Lemos. “Unha delas tivo que ser atendida por inhalación de fume, namentres que a outra sufriu unha crise de ansiedade debido á situación”, segundo a información feita pública polo 112 Galicia.

Foi un particular quen deu o aviso ao 112 Galicia contra as 19 horas da tarde do sábado, indicando que “estaba a arder unha casa de dous niveis na rúa de Rioseco. No primeiro momento era incapaz de confirmar se había persoas no interior. Varios veciños máis chamaron nos instantes posteriores, entre eles os ocupantes da vivenda, que se atopaban xa fóra”, sinala o 112 Galicia, quen coordinou a acción dos diferentes servizos de emerxencias: solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte e de Sarria, dos axentes da Policía Nacional e Local e dos medios do distrito forestal da zona. Ademais, alertouse por se tivesen que intervir aos Bombeiros de Chantada e ao GES de Quiroga-Folgoso do Courel.

Unha das persoas que se atopaban dentro indicou que comezara a saír fume dun forno eléctrico que estaban a empregar, segundo a información recollida polo 112 Galicia.

“Pouco despois da medianoite, os Bombeiros de Monforte comunicaron que ardera a vivenda na súa práctica totalidade, colapsando o tellado. Estaba construída en madeira e só se salvou a cociña”, apunta o 112 Galicia..

Artigos relacionados

Back to top button