Na noite do luns 24 de xuño un ciclista sofría lesións graves nunha perna tras ser atropelado no Pereiro de Aguiar. Tal como informan dende o 112 Galicia, “presentaba posible fractura de tibia e peroné, e foi evacuado, consciente, no helicópotero medicalizado con base en Ourense”.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse pasadas as nove da noite na OU-0510, ao paso pola parroquia de Covas, nun cruce en dirección ao Campo de Fútbol de Loñoa.
Para atender ao ferido, avisaban a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaba unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense. De feito, “o ferido foi evacuado por este medio, consciente, aínda que con unha posible fractura de tibia e peroné”, indican dende o centro de información destacando que quen chamou ao 112 para pedir axuda explicou que “o ciclista fora alcanzado por un vehículo e precisaba asistencia médica urxente”.
O operativo de asistencia estivo formado por sanitarios, membros do GES do Pereiro de Aguiar e Garda Civil de Tráfico.