OurenseÚltima hora

Trasladado en helicóptero un home tras cortarse cunha radial en Padrenda

 

Na tarde deste venres 9 de setembro, un  traballador tiña que ser trasladado en helicóptero tras cortarse cunha radial no concello ourensán de Padrenda.

Tal como indican dende o 112 Galicia, o suceso tiño lugar na parroquia de Santa María do Condado ata onde se desprazaba o persoal sanitario no helicóptero medicalizado con base na capital da provincia.

O 112 recibía ás 17:30 horas a chamada dun familiar do implicado, indicando que este resultara ferido na cara cando traballaba cunha radial. Foi entón cando desde o 112 se procedía a avisar a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen, tras valorar a gravidade da situación, mobilizaba ao seu persoal nun helicóptero medicalizado.

Namentres, o GES de Ribadavia chegaba tamén co fin de sinalizar e asegurar a aterraxe da aeronave. Membros deste servizo de emerxencias confirmaban que o ferido estaba a ser atendido nunha ambulancia, aínda que finalmente foi trasladado no helicóptero ao centro hospitalario de referencia. Ademais, foron mobilizados axentes da Garda Civil e deuse aviso á Garda Civil de Tráfico.

Artigos relacionados

Back to top button