OurenseÚltima hora

Trasladado un home despois de ferirse nun pé cunha motoserra en Allariz

 

Ao fío das 15:45 horas desta tarde de 13 de xuño un home resultaba ferido nun pé cunha motoserra nunha leira do lugar de Casaldoira, na parroquia de Seoane, en Allariz. Nese momento, un particular contactaba co 112 Galicia para dar conta da situación do home.

“Axiña, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que, finalmente, o varón foi trasladado nunha ambulancia”, indica o 112 Galicia.

Ademais, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Allariz.

Artigos relacionados

Back to top button