CulturaMúsicaÚltima hora

Trasnochando actuará o 27 de setembro en Ourense

O concerto da banda de rock barquense incluirá temas que formarán parte do o seu novo disco
Trasnochando durante un concerto.
Trasnochando durante un concerto.

O vindeiro sábado 27 de setembro, o grupo de rock barquense Trasnochando, actuará no Café Cultural Auriense de Ourense.

Tal como explican dende o a propia banda, o concerto será un dos últimos da xira do seu primeiro disco “Farolas Encendidas”, un traballo que sacaban ho 2012 e no que contaron coa importante colaboración de Javi Maneiro, líder de Heredeiros da Crus e
Jabon Blue, na canción que dá título ao disco.

Xunto a temas do disco como “Modo Avión”, “Tentación”, “Ruído y fuego” ou a propia “Farolas Encendidas”, Trasnochando presetará xa algún dos novos temas que incluirán no segundo disco “que temos pensado grabar nas vindeiras semanas”, explica Jorge, cantante, guitarra eléctrica e guitarra acústica da banda, que compartirá escenario con Tarci Ávila (guitarra eléctrica), Juan Carlos Blanco (baixo e coros), Francisco López “Mapa” (guitarra eléctrica e coros) e Vitorio (batería).

O concerto comezará ás 21:30h. e a entrada custará 3 euros.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button