CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Tres alevíns do CD Barco, convocados para a Selección de Ourense Sub11 masculina

Martín Brasa Rodríguez.

 

Depois do fútbol sala tócalle ao fútbol. Tres alevíns do Centro de Deportes Barco foron convocados para a selección ourensá para participar nun adestramento preparatorio para o Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol, Martín Brasa Rodríguez, Abraham Rodríguez Barreda e Leo Fulla Colmenero.

“Algún deles está sendo seguido por canteiras de Primera División”, di o presidente do club, Nilo Ramos, asegurando orgulloso que “empeza a dar froito o traballo destes anos nas categorías de fútbol 8”.

 

Abraham Rodríguez Barreda.

 

Martín, Abraham e Leo deberán estar o vindeiro luns 16 de decembro ás 18 horas no campo de fútbol Cardenas Quiroga, en Maceda para este primeiro adestramento xunto ao resto de convocados doutros clubs da provincia.

 

Leo Fulla Colmenero.

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button