CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Tres alumnos do IES Martaguisela do Barco, premiados na final do Concurso de Oratoria Intercentros en Sarria

Nel participaban estudantes do centro valdeorrés e dos institutos Xograr de Sarria e Río Cabe de Monforte

A directora do IES Martaguisela do Barco cos alumnos premiados.

 

Tres alumnos do IES Martaguisela do Barco resultaban premiados na final do Concurso de Oratoria Intercentros, que se vén de celebrar o 16 de abril no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria. No certame participaban estudantes de 1º e 2º de ESO, 3º e 4º ESO e 1º e 2º Bacharelato do instituto barquense pero tamén dos IES Xograr e Río Cabe de Monforte.

O concurso consistía en falar durante un minuto dunha palabra en galego escollida ao azar de entre moitas. Na final participaban 27 estudantes e resultaban galardoados na primeira categoría (1º e 2º da ESO) Daniel Rodríguez Coba (IES Martaguisela), África Guitián García (Río Cabe) e Xulia Pombo Arias (Xograr). Na segunda (3º e 4º de ESO) ganaban Lucía Rivera Rodríguez (IES Martaguisela), Paula Bouso González (Río Cabe) e Anxo Sobrado Rodríguez (Xograr); e na terceira (1º e 2º de Bacharelato) Duarte Domínguez Cortés (IES Martaguisela), Demetrio González Álvarez (Río Cabe) e Sofía López López (Xograr).

 

 

Os ganadores recibían un diploma e un trofeo, que lles entregaba a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández; a xefa territorial da Consellería de Educación, Sagrario Sánchez; e a concelleira de Educación de Sarria, Geni Valcárcel.

Despois do concurso, os representantes do Martaguisela realizaban un percorrido guiado por Sarria, seguida dun xantar e, logo unha ruta polas aceas. “Foi unha xornada de emocións e convivencia a que pasaron en Sarria o día 16 os nosos oradores”, destacan dende o IES Martaguisela, que será ademais o encargado de acoller a final da vindeira edición deste concurso, no próximo curso.

Artigos relacionados

Back to top button