DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Tres ouros para o Adas en categoría absoluta no galego de clubs de cross, celebrado na Rúa

 

Ata tres veces se subía ao podio o Club Adas Cupa do Barco no campionato galego de cross por equipos absoluto, Sub23, Sub20, Sub18 e de equipos mixtos na categoría absoluta que se desenvolvía na mañá deste domingo 30 de outubro no circuíto do Aguillón da Rúa.

Nesta cita estaban inscritos un total de dezasete equipos e preto de douscentos atletas para tomar parte nas distintas categorías a partir das 10:00 horas desde o Circuito da Chopera. A primeira das probas en disputarse era o relevo mixto absoluto, onde o Adas lograba a primeira vitoria desta xornada. Así o equipo valdeorrés (formado por Ignacio Garcia Ramon, Inés Docampo Gamarra, Sergio Alegre Fernandez e María Cedron Aira), impoñíase claramente na cita, sendo segundo o conxunto do Club Atletismo Sada e terceiro o da SD Compostela Atletismo.

O seguinte título galego logrado polo club do Barco viña da man do equipo absoluto feminino, tamén de forma rotunada. O equipo do Adas (formada por Maria Cedrón Aira, Sara López López, Esther Rodríguez Díez, Antía Rodríguez Abad, Marta García-Saavedra Gonzalez e Loreto Pacho Pastrana) facíase coa vitoria na carreira, quedando en segundo lugar o At. Femenino Celta e en terceiro lugar a SD Compostela Atletismo.

 

Vídeo cedido.

 

 

Coa derradeira das carreiras do campionato, a absoluta masculina, o Adas sumaba un novo ouro galego. O equipo valdeorrés (integrado por Ignacio García Ramón, Sergio Alegre Fernández, Akka Essaadaoui, Álvaro Francisco Alonso Ferreira e Jonatan Díaz Cuervo), impoñíase. O segundo posto correspondíalle ao SD Compostela Atletismo e o terceiro ao CA Ribadeo.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button