Na xornada do sábado 13 de abril disputábase a cuarta proba da liga galega de orientación a pé, no mapa de “Chan da Tjärn” na localidade pontevedresa de Baiona, á que acudía o Club Peña Trevinca Barco con 11 representantes, destacando os primeiros postos de Brais Rodríguez (M-12), Mailén Aller (F-18) e J. Rodríguez (Iniciación Longa).
Dende o club valdeorrés destacan tamén as actuacións de Martina Aller, 6ª en F14; Javier Rodríguez, 6º en M-55; Clara Rodríguez, 7ª en Iniciación Curta e Gustavo Rodríguez, 7º en Iniciación Longa. “A canteira pouco a pouco vai animándose a participar nas competicións federadas, froito do traballo que se vén facendo cos máis pequenos”, aseguran dende o Peña Trevinca Barco.
A competición continuará o 1º de xuño cunha dobre proba en Corrubedo (A Coruña).
Fotos cedidas