DeportesÚltima hora

Tres podios para o Fluvial Barco no Campionato de España de Maratón

Os padexeiros do club valdeorrés vencían en dúas probas e lograban unha prata nesta cita nacional
Os catro padexeiros ourensáns que lograban medalla no Campionato de España de Maratón en Banyoles.
Os catro padexeiros ourensáns que lograban medalla no Campionato de España de Maratón en Banyoles.

Con moi bo sabor de boca regresan os padexeiros do Fluvial Barco de Banyoles. Nesta localidade catalá celebrábase na pasada fin de semana o Campionato de España de Maratón, onde os representantes do club valdeorrés facíanse con tres podios. Así Jesús Rodríguez León ganaba en K-1 veterano (cat. 35-39 años) e Bernardo Sánchez facía o mesmo en K-1 veterán (cat. 45-49 años).

O palmarés barquense nesta proba de 22,6 km (en categorías masculinas) completábao Miguel González Carrera, que se proclamaba subcampión en K-1 veterán (cat. 45-49 años). Nesta competición participaban un total de 184 piragüistas (155 homes e 29 mulleres), duns 60 clubs de toda España. Por clubs, o Fluvial Barco quedaba en novena posición.

Ademais do Club Fluvial Barco, a esta competición, que é puntuable para a IX Liga Nacional Máster, acudían outros dous equipos ourensáns: a Escuela Orensana Municipal de Piragüismo e Fluvial Avión. Este último conseguía tamén un podio da man de Mónica Piñeiro Varela, que vencía en K-1 dama veterano (cat. 35-44 años).

Artigos relacionados

Back to top button