Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Tres podios para o Peña Trevinca Barco no campionato galego de orientación a pé sprint

Xan Trigo é campión galego en M50; Martina Aller, segunda en F12 e Remedios Durán, terceira en F50

Publicidade

 

Na xornada do sábado 9 de xullo disputáronse en Lalín e Silleda as dúas probas da liga galega de orientación a pé en modalidade Sprint que serviron para determinar o campionato galego da especialidade.

Alí, os deportistas tiveron que enfrontarse e un triplo desafío. Aos habituais de correr e interpretar o mapa, uniuse nesta ocasión “a xestión da asfixiante calor e regulación do esforzo para acabar a proba no menor tempo posible”, puntualizan dende o Club Peña Trevinca Barco cuxa participación foi algo máis escasa que noutras ocasións, debido ao período vacacional no que nos atopamos con só 5 orientadores desprazados ata as terras dezanas “pero, como case sempre, cuns resultados espectaculares”, destacan.

De feito, tres deportistas ourensáns subían ao podio con mención especial para Xan Trigo, campión galego en categoría M50. Martina Aller era segunda en F12 e Remedios Durán, terceira en F50, completando os postos de honra do club.

Fotos: Xesta Natureza e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button