En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Trinta blogueiros gastronómicos reúnense no Pazo do Castro

Esta xuntanza, organizada por Mª Jesús Tato, ten como obxectivo promocionar os produtos galegos en Internet dende Valdeorras

A estas alturas ninguén dubida do poder das redes redes sociais e de Internet es xeral, para promocionar marcas e dar a coñecer lugares e tradicións. Por iso é destacado o labor que desenvolven os blogueiros nas diferentes plataformas dixitais e nos diferentes, tanto político como social, de moda e estética ou gastronómico.

É neste último no que mellor se desenvolven os 30 afeccionados á cociña que se reunían hoxe, 28 de outubro, no Pazo do Castro para “compartir tempo, coñecer e divulgar parte da gastronomía de Galicia, así como intercambiar opinións e gozar dunha xornada que tamén servirá de plataforma de presentación de produtos e empresas relacionadas co mundo gastronómico”, segundo Mª Jesús Tato, organizadora da VII edición da Xuntanza de Blogueiros Gastronómicos Galegos que por primeira vez tiña lugar no Barco de Valdeorras.

Seguindo o programa estipulado, o punto de encontro foi o Hotel Monumento Pazo do Castro e de aí os blogueiros e tamén algún acompañante, desprazáronse ata O Barco para facer un percorrido pola localidade (casco vello, Malecón,…). A seguinte parada foi na Adega A Coroa da Rúa onde degustaron viño e queixo, antes de regresar ao Pazo onde tomaron un vermú e de seguido o xantar a base de produtos Galegos cedidos por marcas como Pesca de Rias, I.X.P Tenreira Galega, Conservas O Submarino, Vinos Celeiro, Galletas da Veiga, Lácteos Anzuxao, Bicas Manzaneda, Exclusivas Morales, Vermú Petroni, ou as adegas da D.O. Valdeorras: A Cora, Ruchel, Roandi e Godeval.

Algunhas empresas como Ibsa Industrias del Bierzo, Chocolates Express S.l, Aceites Abril, Vermú Petroni, Gadis, Kook Shop e Rosti Mepal, Pazo de Vilane ou I.X.P Ternera Gallega, cederon agasallos para os asistentes. Ademais outras moitas aportaron lotes de produtos que foron sorteados tralo xantar: Consello Regulador de Licores Tradicionais de Galicia, Gadis, as adegas da Pinguela, Alan de Val e Berna, Embutidos e Salazóns García Marcos, O Rego Natura, Queixos Feijóo de Celanova, Embutidos Lalinense, Comercio Xusto, Naiciña Castaña de Galicia, Kook Shop e Rosti Mepal e Galicia Calidade Lecer.

Entre os pratos que os blogueiros puderon degustar no xantar había “Tostas mariñeiras con paté de ostra e centola”, “Saquete de repolo de Asa de Cántaro recheo de arroz con botelo sen oso e Chanterellus Cibarius”, ou “Tarda de castaña con chocolate”.

A última visita da xornada foi un percorrido pola Torre do Castro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button