CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Tristeza no CD Barco tras unha nova derrota a falta de 2 partidos para rematar a liga

 

No estadio de Calabagueiros o CD Barco encaixaba esta tarde de 7 de abril unha nova derrota, desta volta cun marcador de 1 a 2 fronte ao Alondras CF. O tanto do CD Barco lográbao nun penalti. Foi un encontro no que o conxunto vermello estivo arroupado pola afección, que enchía boa parte das bancadas, animando continuamente aos xogadores durante o xogo, que nalgúns momentos se interrompía para que os xogadores de ambos equipos puideran hidratarse dadas as altas temperaturas.

 

 

Sen embargo, e pese as ilusións e respaldo dos afeccionados, non puido ser. A medida que pasaban os minutos e os locais non lograban darlle a volta a ritmo do encontro, a tristeza ía esténdose entre a afección, nas bancadas, e tamén no banquiño.

Aínda así, os siareiros barquenses manteñen a esperanza e conteñen a respiración xa que aínda que as circunstancias con complicadas, restan 2 encontros para rematar a tempada na Terceira RFEF e loitar pola permanencia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button