ConcellosTrivesÚltima hora

Trives adianta ás 20:24h. do día 30 de decembro a despedida do ano ao ritmo da campá da Torre do Reloxo

O Concello tamén programou para o penúltimo día do ano o desfile da Raíña da neve, unha chocolatada, un concerto de swing e un DJ baixo unha carpa con calefacción

 

Todo listo xa para vivir por adiantado o fin de ano, en Trives. Será a véspera, o día 30, a partir das 20:24 horas. A esa hora comezará a soar a campá da torre, que será a que marque o ritmo. Será o arranque dunha tarde noite que tamén se presume longa, pois despois das uvas, que serán facilitadas polo Concello, haberá unha chocolatada na praza Doutor Paz, convite tamén municipal. E para rematar, na rúa San Martín haberá un concerto de swing con Cherry Sweet e a continuación o Dj Bady. Para protexerse do frío e o mal tempo instalarase unha carpa con calefacción e decoración navideña.

 

 

Pero a programación de Nadal para este día tan especial, no que a veciñanza de Trives celebrará unha primeira despedida do ano, comezará antes, co desfile da “Raiña da neve”, que baixará directamente desde Cabeza Grande no medio dun espectáculo de luz e son a partir das 19:30 horas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button