ConcellosSen categorizarTrivesÚltima horaVídeos

Trives busca alternativas seguras para celebrar os actos lúdicos de Nadal

Entre as actividades previstas figura un encontro virtual dos máis pequenos con Papa Noel

 

O Concello da Pobra de Trives non renuncia a celebrar o Nadal, pero quere facelo dunha forma segura. Nese senso, a prevención frente ao Covid levou ao goberno trivés a “buscar alternativas para a celebración dos actos lúdicos de Nadal. Os pequenos contarán cunha cita virtual con Papa Noel segundo se detalla no vídeo que éste remitiu aos cativos triveses”, expican dende o Concello.

 

 

 

Ademais aclárase que estaba previsto “o acendido da iluminación navideña coa publicación do vídeo pero a chegada da neve fai que se pospoña á semana que vén o remate da colocación dos adornos, colocados xa nas principais rúas, aínda resta a colocación da árbore e de adornos noutros puntos”, segundo o Concello.

Deste xeito, Trives aposta por un Nadal diferente no que os cativos terán un encontro virtual por videoconferencia dende Laponia con Papá Noe. “Os nenos foron exemplo de comportamento e adaptación nesta dura crise sanitaria mundial; por eles merece a pena todo o esforzo e por toda a ilusión e medios para que disfruten de estas máxicas datas”, resaltan dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button