Os fornos da Pobra de Trives non dan abasto estes días para cociñar as bicas que farán as delicias dos milleiros de visitantes que asistirán á festa que se dedicada ao produto gastronómico por excelencia do concello. A celebración, prevista para esta fin de semana, chega este ano á 51ª edición e contará cunha gran xantar popular, unha andaina a Manzaneda e o concerto de Ninghures na Rúa San Martín.
O xantar popular con aforo para 500 persoas terá lugar o sábado 27 de xullo no CEIP M. Bermúdez Couso e o menú incluirá empanada de cachena, becerro ao espeto e bica. A entradas aínda poden adquirirse na Casa do Concello, na cafetería Sky, Bar O Cafeto, A Cantina do Cuatro e a Ferretería Medina. Pola noite programouse o concerto de Ninghures, a partir das 22 horas na Rúa San Martín.
O domingo 28 de xullo terá lugar unha andaina de subida a Manzaneda, que arrancará ás 8:30 horas dende a praza do Concello. O percorrido terá unha distancia aproximada de 15 quilómetros e un desnivel de 867 metros.






