
A Pobra de Trives apraza ao próximo venres 24 de maio a celebración das Letras Galegas e conco espectáculo teatral titulado “Crónica dun pobo”, da compañía valdeorresa Gargallada Teatro. Será a partir das 20 horas no Auditorio Xulio Vázquez.
Esta peza é unha adaptación de dúas obriñas de Miguel Gila (realizada e traducida ao galego por Manuel Caramés. Trátase da montaxe número 16 da compañía e tamén ten dirección de Manuel Caramés. É unha comedia con toques dramáticos ao abordar as consecuencias da guerra. Consta de dúas partes e a primeira está protagonizada por dous soldados que loitan en bandos distintos e son amigos e inimigos ao mesmo tempo.
Foi no ano 2009 cando este grupo de teatro comezou a facer rir ao público coas súas comedias e nesta ocasión chega a Trives para reivindicar co seu traballo o valor da lingua galega.
