ConcellosÚltima hora

Trives celebrará o 29 de marzo a Festa da Xuventude

Os actos comezarán ás 21:30h. na Finca da Barreira cun gran cocido, seguido das actuacións da Orquestra Solara e da Disco Móbil Stuu
Imaxe da pasada edición da Festa da Xuventude de Trives.

Tras a exitosa acollida do pasado ano, Trives prepárase para unha nova edición da Festa da Xuventude na Finca da Barreira. Desta volta será na noite do 29 de marzo e nela mesturarase a festa e a música coa gastronomía. Así a partires das 21:30h. servirase un gran cocido con produtos da zona. As entradas terán un prezo de 15 euros por persoa (para os nenos de 8 a 12 anos o custe será de 10 euros e para os de menos de 8 anos de 5 euros) e estarán á venda na Cafetería Quintela, Cervecería Boliche e Café Bar Sky ata o martes 27 de marzo.

Xa pasando a medianoite, ás 00:30h., comezará a soar o ritmo da Orquestra Solara e a festa continuará despois coas actuacións de Disco Móbil Stuu. Esta Festa da Xuventude está sendo promovida por tres mozos triveses, que repiten na organización tras a boa resposta de público do 2017. Trátase de Alba Rodríguez, Jacobo Caneda, Teresa López.

 

Cartel desta festa trivesa.

Artigos relacionados

Back to top button