ConcellosTrivesÚltima hora

Trives celebrará o seu magosto o 11 de novembro

Imaxe do magosto do ano pasado en Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Pobra de Trives prepárase para vivir un outono festivo e cargado de tradición con citas como o Samaín e, despois, o Magosto. Que os máis pequenos coñezan a historia da celebración do Samaín é un dos obxectivos do Concello da Pobra de Trives que, en colaboración coa ANPA O Recreo, organiza unha xornada festiva na que non faltará detalle. O 27 de outubro, partir das 18.00 horas, os nenos e nenas disfrutarán dunha merenda terrorífica na que haberá música e disfraces, ademais dun túnel do terror en Santa Leonor.

 

 

Noutro escenario, na Rúa San Martiño, está previsto celebrar un magosto popular o 11 de novembro, a partir das 20 horas. Contará coa actuación do grupo Claxxon. Por 2,5 euros os asistentes disfruatrán de castañas, bocadillos e viño da Ribeira Sacra. O Concello anima á cidadanía a participar nestas propostas festivas que encherán de ambiente a vila neste outono.

 

Artigos relacionados

Back to top button