EconomíaEconomíaÚltima hora

Trives creará un Marketplace para impulsar a venda online de produtos locais

Unha das rúas de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Trives contará cun Marketplace que servirá de escaparate virtual para os produtos de comercio local. “A creación desta plataforma é un paso máis no compromiso do Concello de Trives co desenvolvemento sostible e a promoción da economía local. Esta iniciativa ten como obxectivo impulsar a economía local e fomentar a venda de produtos da Pobra de Trives a través dunha canle dixital accesible e moderno”, din dende o grupo de goberno local.

A plataforma estará dispoñible en liña para que os usuarios poidan coñecer e comprar os produtos da localidade desde calquera lugar. Ademais, persegue paliar o efecto do despoboamento do seguinte modo: reforzando o arraigamento e fidelizando ao visitante. O Marketplace permitirá aos comerciantes de Trives darse a coñecer no ámbito dixital e ampliar o seu alcance máis aló da zona xeográfica. Trátase dun Marketplace aberto a produtores, artesáns, comerciantes do municipio e das áreas lindeiras.

O proxecto pretende dar un impulso significativo á modernización do comercio da zona, non só de Trives, senón converterse nun referente na comarca que leva a súa mesmo nome, non só pola calidade dos seus produtos, senón pola súa transformación dixital e sostible e a súa evolución cara á venda en liña e o incremento na calidade dos mercados non sedentarios.

O Concello pretende que os produtos adquiran adhesión a través das feiras temáticas, e que o turista os poida adquirir en calquera momento e desde calquera lugar.

A necesidade desta plataforma derívase da falta de medios, en ocasións tamén de coñecementos, por parte de moitos pequenos comercios para iniciarse no complexo mundo do comercio electrónico.
A intención do goberno local, que, adianta que en cuestión de días adxudicará a creación do Marketplace, é que “se converta nun motor e revulsivo para a economía local”.

Artigos relacionados

Back to top button