EconomíaEconomíaÚltima hora

Trives, entre os 55 concellos españois nos que se desenvolverá “Rural TIC”, programa pioneiro en dixitalización social e económica

Trátase dunha iniciativa colaborativa, que tamén se levará a cabo en Parada de Sil e A Gudiña, para formar no uso das novas tecnoloxías á poboación de máis idade ou asesorar ás pemes locais para potenciar o seu posicionamento dixital

 

O Concello da Pobra de Trives vén de informar do acordo (en colaboración co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana) para a posta en marcha no municipio dun programa pioneiro centrado na dixitalización social e económica. Trátase dun programa colaborativo para formar no uso das novas tecnoloxías á poboación de máis idade ou asesorase as pemes locais para potenciar o seu posicionamento dixital.

Profesionais do ámbito das novas tecnoloxías da enxeñería e consultoría do Grupo Mitma desenvolverán o programa “Ineco Rural TIC” teletraballando temporalmente en 15 provincias españolas. Trives será un dos 55 municipios españois de menos de 10.000 habitantes rexistrados en neste programa que agrupan a máis de 700 pobos que poderán beneficiarse dos talleres que prestarán estes nómadas dixitais da empresa, dirixidos a poboación e pemes. A iniciativa desenvolverase tamén noutros catro concellos da provincia de Ourense: Parada de Sil, A Gudiña, Cortegada e Carballeda de Avia.

“Para levar a cabo as accións previstas, profesionais do INECO trasladaranse a traballar á nosa vila é contribuír ao desenvolvemento do programa para visibilizar, dinamizar e dixitalizar á nosa economía local e axudar e colaborar tamén co tecido social con especial na poboación maior (dixitalización social)”, segundo informa o Concello de Trives, que vén de publicar un bando sobre este tema.

Ademais, indícase que no marco desta iniciativa tamén se asesorará “ao tecido empresarial a través da potenciación do seu posicionamento dixital, creando ou mellorando os servizos web que posúan, implementando a súa presenza en redes sociais, ou deseñando APP’s especifícase que optimicen a súa actividade”. O programa comezará no mes de novembro e constitúe un importante impulso tanto no eido social como no económico.

Os profesionais independentes interesados deberán comunicar a súa intención de participar nesta iniciativa preferiblemente antes do 21 de setembro para o que poderán poñerse en contacto co Concello no número de teléfono 655 19 54 87. “Animaos a todos a participar e aproveitar esta oportunidade que só se levará a cabo en 50 municipios de todo o país e que non supón custo algún para os beneficiarios. Poderán tamén participar empresas, cooperativas, autónomos dos municipios veciños que amosen o seu interese”, destacan dende o Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button