ConcellosTrivesÚltima hora

Trives licita as obras de mellora de camiños en Navea e Pareisás

Exterior do Concello da Pobra de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Trives vén de sacar a licitación o proxecto de mellora de camiños municipais para a realización de obras en Navea e Pareisás. “Iniciouse o procedemento administrativo para acometer estas obras as que as empresas aspirantes contan cun prazo de vinte días para presentar as suas ofertas despois das cales se levará a cabo a adxudicacion para a que hai previsto un montante de 75.178,51€ resultantes de unha subvención para tal fin que o Concello ven de gañar do plan marco e que suporá o arranxo dos viais da estrada de Navea a Pontenovo e de Pareisás á estrada da subida a estación de montaña”, segundo informa o grupo goberno trivés.

Dende o concello estase tamén a ultimar o expediente para a realización do arranxo de rúas no núcleo do pobo da Encomenda e estase proxectando o arranxo e mellora de distintos viais de titulararidade municipal en outros pobos do municipio. Recentemente estivéronse a efectuar bacheos en distintas estradas e pouco a pouco pretendese chegar a unha mellora integral de toda a infraestrutura viaria do concello para o cal se está a traballar para obter o financiamento preciso que permita acometer estas obras tan necesarias.

Este plan de actuación dará comenzo nos vindeiros meses en Navea e Pareisás.

Artigos relacionados

Back to top button