En portadaÚltima hora

Trives, Manzaneda, Río e Chandrexa terán, de forma compartida, a Capitalidade Española da Montaña 2024

O anuncio facíase público durante as xornadas de "Turismo deportivo e experiencias turísticas en pequenas aldeas de montaña" que veñen de celebrarse en Candelario

Represantes dos concellos de Manzaneda, Chandrexa, Trives e Río, tras facerse o anuncio da nova capitalidade./ Foto: Asociación Española de Municipios de Montaña.

 

A capitalidade da montaña do vindeiro ano 2024 estará na provincia de Ourense. Será unha capitalidade compartida polos municipios da Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa, Manzaneda e San Xoán de Río, que vén de ser oficialmente nomeada como “Capital Española de las Montañas” do vindeiro ano. O anuncio facíase público durante as xornadas de “Turismo deportivo e experiencias turísticas en pequenas aldeas de montaña” que veñen de celebrarse nestes días en Candelario.

Nesta xornada participaban os alcaldes de Manzaneda e San Xoán de Río, así como o tenente de alcaldesa de Trives, mentres que Chandrexa estivo representada polo técnico de Desenvolvemento Rural Manzaneda-Chandrexa de Queixa.

O nome desta agrupación de concellos que ostentará a capitalidade darase a coñecer nos vindeiros días e ademais o recoñecemento ser comunicado oficialmente pola Asociación de Municipios de Montaña (Es Montañas).

Artigos relacionados

Back to top button