ConcellosTrivesÚltima hora

Trives prepara un singular túnel de flores no xardín próximo ao Concello

 

A vila da Pobra de Trives conta cun novo atractivo. Nos xardíns situados entre a igrexa parroquial e a Casa do Concello vén de crearse un singular e fermoso túnel de flores. “Hai exactamente un ano xa quixemos facer un túnel deste tipo. Non atopamos nada no mercado que se axustase e o Covid (polos prazos de entrega longos nas empresas dos materiais mercados) non permitiu tampouco levalo a cabo. Así que nós mesmos confeccionamos o deseño que, feito na nosa vila hoxe, comeza a adornar as nosas rúas. Comenzamos a dar cor coas flores”, destacan dende o grupo de goberno trivés.

Neste días comezaron os preparativos deste túnel coa colocación das flores, que, cando medren, “coidamos que o túnel de flores será espectacular”, din dende o Concello, que tamén pide respecto e coidado para estas plantas.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button