DeportesÚltima hora

Trives quenta motores para a XIV concentración mototurística Os Esquíos

Zurrumalla e La Banda de Mazinger porán son á xuntanza moteira que se celebrará do 7 ao 9 de xullo
Cartel da concentración.

A menos dun mes vista, Os Esquíos de Trives teñen xa todo preparado para a XIV concentración mototurística “a máis veterana da provincia de Ourense” que se celebrará do 7 ao 9 de xullo.

A programación inclúe xantar, fantásticas rutas de interior con pinchos en abundancia, animacións, entregas de premios e agasallos, unha ruta de bengalas como homenaxe aos compañeiros caídos nas estradas, exhibicións acrobáticas a cargo de Narcis Roca e actuacións musicais.

Coma sempre, haberá zona de acampada, tanto cuberta como exterior, con servizos e duchas, así como hoteis, campings, pazos e pensións colaboradoras.

A inscrición é de 30 euros (25 euros para socios do moto club) e o aforo limitado aos 350 primeiros inscritos.

Máis indformación na edición en papel do Periódico O Sil, no facebook do moto club: https://www.facebook.com/osesquiostrives/?fref=ts ou no e-mail: os.esquios@gmail.com

Artigos relacionados

Back to top button