O Concello da Pobra de Trives vén de recibir a “confirmación dunha subvención para o arranxo e mantemento de diferentes camiños no pobo de A Encomenda”. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural deu luz verde a unha axuda por importe de 59.082 euros para a mellora e mantemento de vías desta localidade trivesa.
Tal como adiantan dende o Concello, os traballos deberán executarse” antes do remate do mes de maio do 2024″ e a subvención concédese ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2023-2024
De forma paralela, o Concello está levando a cabo (nalgúns casos xa están rematadas) actuacións para mellorar as infraestruturas viarias da Pobra de Trives en pobos como San Mamede, Cova, San Lourenzo, Vilanova, Escuadrio, Piñeiro e Santa María de Trives.