ConcellosTrivesÚltima horaVídeos

Trives reúne a 140 radioafeccionados de diferentes puntos de Galicia

 

Promocionar o mundo da radio e da gastronomía galega. Con este obxectivo reuníanse na pasada fin de semana un grupo de ata 140 radioafeccionados de toda Galicia no Pazo de San Lorenzo en Trives. “O pazo pechouse para nós”, explican os Radioafeccionados de Trives, que exercían de anfitrións.

 

 

Os participantes no encontro desfrutaban dun cocido popular, no que non faltaba unha sopa de cocido e produtos como androlla, chourizos ou morro de porco. Todos eles eran de Embutidos Pío. E, para rematar, sobremesas caseiras do Pazo de San Lorenzo.

Imaxe cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button