ConcellosTrivesÚltima hora

Trives, un dos “Pobos Máxicos” de España

A alcaldesa con Francisco Martín, Director do Instituto de Desarrollo Local e Estudios Sociales, promotor da Red de “Pueblos Mágicos” de España./ Cedida.

 

Un grupo de membros de “Pueblos Mágicos de España” visitaba nesta fin de semana o concello da Pobra de Trives. Acompañados pola alcaldesa, Patricia Domínguez, e por unha técnica de turismo percorrían o municipio.

A visita xurdía a raíz de que “un equipo multidisciplinar (formado por expertos en desenvolvemento rural e local, historiadores, arquitectos, sociólogos, técnicos de turismo e desenvolvemento web seleccionou a Trives por entender que reúne as condicións para ser “máxica”, despois de que dende o concello tiveramos diversos contactos con eles”, tal e como se explica dende o goberno trivés.

Ademais engaden que “Pueblos Mágicos, coma o noso, son pueblos e vilas “vivos” , con características propias que os fan únicos e de eles emana unha “maxia” especial que debemos potenciar. Trives é un lugar singular, que enche a alma coa nosa gastronomía, tradicións, festas, con un atardecer especial … porque é único. Por todo iso, e máis, está xa na rede española de Pueblos Mágicos que contribúe, de xeito indubidable, a revalorizar o noso municipio”.

A Organizacion leva liderado e participado en numerosos proxectos europeos Leonardo da Vinci, en colaboración con Universidades e Organismos Gubernamentales de Francia, España, Polonia, Portugal e Rumania.

“Formar parte desta rede constitúe un selo de calidade vinculado directamente á promoción local e dentro de esta, ao turismo. Unha importantísima plataforma para a promoción, divulgación e coñecemento da nosa vila”, conclúen dende o Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button