DeportesÚltima hora

Trofeo ArcoBarco Sala, o 25 de outubro en Calabagueiros

Publicidade
A IX edición do torneo de tiro con arco no Barco, contará con arqueiros internacionais
Participantes na pasada edición da tirada ArcoBarco. /Foto: Carlos G. Hervella.
Participantes na pasada edición da tirada ArcoBarco. /Foto: Carlos G. Hervella.

O sábado 25 de outubro o pavillón de Calabagueiros no Barco de Valdeorras, acollerá a partires das 10h. a XI Tirada ArcoBarco Sala. Unha edición na que se darán cita arqueiros de toda España e tamén doutros puntos de Europa como Bélxica. Michael Cauwe e Sarah Prieels, ámbolos dous na modalidade de arco composto, así como membros do equipo nacional belga confirmaron a súa asistencia.

A parte do carácter internacional, a proba presenta este ano outras novidades, como a ampliación das eliminatorias aumentando o corte ata cuartos de final “realizándose o round pola mañá e as eliminatorias pola tarde” explican dende o club. Tamén haberá premios en metálico para os finalistas ademais dos trofeos correspondentes. Outra das novidades para esta edición serán as finais para os postos de medalla de ouro e prata que se realizarán mediante sistema de duelo individual.

A competición será para unha única categoría (sénior) en dúas modalidades: arco recurvo olímpico e arco composto, tanto masculino como feminino, para un máximo de 96 participantes. De feito dende a páxina web do club adiantan que ante a gran demanda de solicitudes para inscribirse, decidiron “retirar da lista a tódolos nosos arqueiros, deixando somentes como representación do club organizador ao máis veterano e ao máis xove e así posibilitar 13 inscricións máis”.

Máis información na edición de outubro do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button