DeportesPescaÚltima hora

Troitas de entre 3,5 e 4 kg, pescadas no Sil polo valdeorrés Daniel Prada

Publicidade
Destacado exemplar pescado neste sábado por Daniel Prada./ Foto cedida.

 

Dous fermosos exemplares de troita veñen de ser capturados nas últimas horas polo pescador barquense Daniel Prada, presidente do Club de Pesca Deportiva Spinning Valdeorras. Unha delas pescábaa onte e outra nesta mañá, ambas no río Sil ao seu paso pola comarca. Tiñan un peso aproximado de entre 3,5 kg e 4 kg.

Ademais as dúas troitas foron devoltas ás augas do Sil, xa que este club valdeorrés aposta por unha pesca deportiva responsable e sen morte.

 

Troita pescada onte./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button