ConcellosÚltima hora

“Tunel de terror” para celebrar o Samaín, o 31 de outubro en Verín

A IV edición da “Noite de Medo” comezará a partires das 20:30 horas
A concelleira de Cultura de Verín Emilia Somoza, na presentación da Noite de Medo.

A IV “Noite de Medo” celebrarase novamente no casco vello de Verín, convertido nun “túnel do terror” para celebrar o Samaín na tarde-noite do 31 de outubro.

Un accidente dunha furgoneta con cepas de varios virus altamente tóxicos provocan unha fuga da carga nunha rúa de Verín que parece que está a afectar á xente (tamén aos … Esa será a temática sobre a que xirará o tunel, que contará con algúns dos personaxes máis coñecidos no mundo do cinema de terror así como coa ambientación e transformacións das propias rúas incluídas no percorrido, con efectos especiais, decoración e iluminación de terror.

Nesta edición o acceso ao túnel realizarase, a partir das 20:30 horas, desde a rúa da Cruz e percorrerá a rúas do Pozo e Viriato, ata chegar á praza Maior. As entradas, que terán un prezo de 2 euros, estarán dispoñibles a partir das 18 horas no punto de acceso ubicado na rúa da Cruz.

 

Cartel do programa para celebrar o Samaín en Verín.

Artigos relacionados

Back to top button