EconomíaEconomíaÚltima hora

Turespaña confirma a súa presenza en Termatalia

O Instituto de Turismo de España aposta pola feira para posicionar ao país como destino de saúde e benestar ante profesionais de 40 países
Nava Castro, Manuel Butler e Alejandro Rubín

Converter España nun referente mundial no turismo de saúde e benestar. Esta é unha das principais liñas estratéxicas do Instituto de Turismo de España, Turespaña, que levou a apostar firmemente por Termatalia para posicionar o destino ante os axentes do sector de 40 países. Turespaña facilitará a organización de importantes accións profesionais de Termatalia como a convocatoria a turoperadores e prescriptores procedentes de varios mercados emisores, e convértese así nun dos principais “partners” da feira internacional, que se celebrará en Ourense entre o 20 e o 23 de setembro.

A participación de Turespaña en Termatalia ratificouse a partires da xuntanza mantida entre o director xeral do instituto, Manuel Butler, e o director da feira, Alejandro Rubín, que contou co apoio de Nava Castro, directora da Axencia Galega de turismo. Manuel Butler mostrou o seu apoio a Termatalia.

O apoio de Turespaña a Termatalia servirá para reforzar as accións profesionais que programa a feira, especialmente as que perseguen o obxectivo da internacionalización do sector e a promoción exterior de España como destino turístico de Saúde e Benestar.

Esta acción amplíase tamén á prensa especializada internacional, convocando a prescriptores que tomarán parte en Termatalia e contribuirán á promoción de España e Galicia a través dunha viaxe de familiarización ao territorio.

Artigos relacionados

Back to top button