EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Turismo, gastronomía e lecer na Veiga

Dende actividades infantís ata campionatos de tute e festas temáticas, no café-bar O Retiro

Á beira do Encoro de Prada, no concello da Veiga, o edificio no que se ubica a Aula da Natureza acolle tamén O Retiro, un establecemento hostaleiro cunha oferta de actividades de cara á tempada estival.

O horario da cafetería é de luns a venres de 16 a peche e a fin de semana de 12 a peche, podendo degustar ricas e frescas ensaladas, táboas de embutidos e tostas variadas. Pero a oferta vai moito máis aló.

Tal como explican dende a xerencia, durante o mes de Xullo celebráronse en horario de mañá unha serie de actividades infantís “que permitiron ás familias de A Veiga (tanto as que residen todo o ano como as que se achegan ata aquí para desfrutar do verán) conciliar a vida laboral e a familiar”. Baixo o nome de “Campamento de Los 4 elementos” leváronse a cabo sobre todo actividades de educación ambiental en base á auga, o lume, a terra e o aire, como paseos para recoñecer flora e fauna, concienciación sobre lumes forestais, observación do ceo e mesmo limpeza da praia de O Coiñedo, entre outras.

E xa de cara aos meses de agosto e setembro celebrarase campionatos de tute. O primeiro será o vindeiro venres día 5 ás 17 horas. A inscrición custa 5 euros por persoa e os premios en xogo son: un cordeiro para o gañador, dúas botellas (a elixir) para o segundo clasificado e unha botella para o terceiro.

Ademais, o 28 de agosto celebrarase unha festa de estilo ibicenco “para desfrutar do atardecer e despedir ao verán e aos veraneantes”, adiantan dende O Retiro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button