DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A UD Ourense presenta o equipo para facer fronte á preferente

Ás ordes de Fernando Currás e tras unha intensa pretempada, o conxunto ourensán comezará a liga o 27 de agosto

Con tres ascensos consecutivos dende a súa fundación no ano 2014, o equipo sénior da UD Ourense ten por diante unha complicada e ilusionante tempada en preferente.

Para este novo reto a directiva confiou o timón ao ex xogador do CD Ourense, Fernando Currás, que xa formaba parte do club como coordinador da base. Xunto a el tamén se incorporán ao corpo técnico, Nacho Currás e Toni Álvarez (preparador físico). Además, o ex adestrador, Antonio Dacosta, será o preparador de porteiros. Como delegado e utillero continúan unha tempada máis Óscar López e Eligio Bouzas.

Con respecto ao plantel, moitos xogadores repiten da pasada campaña (algúns incluso case dende o principio) pero dende a directica tamén apostaron por incorporar futbolistas con experiencia en categorías superiores con Fichaxes como “Pato” Guillén, Josu, Luis, Alfredo ou Oli.

A presentación do equipo e do novo proxecto diante da afección, tiña lugar na tarde do 26 de xullo no estadio do Couto coas intervencións do presidente do club, Modesto García e do míster, entre outros.

O primeiro encontro de pretempada será contra o Loñoá o vindeiro 2 de agosto na Carabina. Tres días despois, no partido de presentación que se disputará no Couto, os de Currás xogarán contra os Unionistas de Salamanca. O 8 de agosto no campo Cardenal Quiroga de Maceda disputarase un triangular entre UD Ourense, UD Barbadás e Ourense CF.

A liga comezará para a UD Ourense o 27 de agosto.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button