DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Última regata da liga galega de promoción de piragüismo, na Veiga

Con esta son xa catro as probas deste deporte que se teñen desputado en Valdeorras nesta tempada

Uns 153 padexeiros competían na mañá do 18 de setembro nas augas do encoro de Prada, no concello valdeorrés da Veiga. Participaban na sexta regata da liga galega de promoción de piragüismo nas categorías infantil A e B en K-1 e C-1. Entre os clubs participantes estaban algúns ourensáns como é o caso do Fluvial Barco ou Club Piragüismo Fluvial Allariz. Esta competición, cunha distancia de 3.000 metros, completaba o calendario da liga, promovida pola Federación Galega de Piragüismo. No desenvolvemento da proba colaboraban as agrupacións de voluntarios de Protección Civil da Veiga, Manzaneda, Petín e O Barco (cuxos membros aparecen na galería de fotos axudando a un dos padexeiros nas augas do encoro).

Con esta regata, son xa catro as probas de piragüismo realizadas ao longo desta tempada na comarca de Valdeorras. Así á da Veiga súmanse as competicións galegas e nacionais de augas bravas no Sil, a Copa Deputación da Rúa e o Descenso Internacional do Sil, que neste ano cumpría as súas vodas de ouro.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button