ConcellosO BarcoÚltima hora

Última xornada para percorrer o Túnel do Viño da D.O. Valdeorras, en Viloira (O Barco)

Ademais nesta xornada continuarán as catas-maridaxes no Xardín da Casa Grande

 

Aínda quedan dúas sesións para desfrutar do Túnel do Viño da Denominación de Orixe Valdeorras, instalado na praza de Viloira (O Barco). Entre as 12h. e as 14h. e entre 19h. as 22h. deste domingo 11 de xullo poderá percorrerse este circuíto con ata 70 referencias diferentes de adegas amparadas por esta denominación de orixe.

Esta actividade estase a desenvolver seguindo o protocolo anti-Covid, baseado en entradas e saídas diferenciadas, carpa semiaberta, aforo limitado, control de acceso e disposición de xel hidroalcólico.

Ademais nesta xornada continuarán as catas-maridaxes (con límite de aforo e inscrición previa), no Xardín da Casa grande. Así, pola mañá, o director técnico da D.O. Valdeorras, Jorge Mazaira, impartirá a cata comentada “Aromas e Sabores. Froita e Viño, mundos paralelos”. Pola tarde, Marisé Mosteiro, directora técnica da C.R.D.O. Queixo de Tetilla dirixiará unha nova cata centrada na capacidade de maridaxe dos queixos galegos cos viños da D.O. Valdeorras.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button