
Quedan xa poucas para que cobre vida a sétima “Noite Branca”, que promove a Asociación O Barco Centro Comercial Aberto. Os establecementos participantes, un total de 26 nesta edición, afánanse xa cos preparativos e engalanando os seus locais para esta cita tan especial desta tarde-noite de 19 de xuño, e con certas novidades polo Covid-19.
Os comercios participantes ofrecerán aos clientes descontos e promocións en artigos de tempada, ampliando o seu horario de apertura ata as once da noite. Ademais, entregarán aos seus clientes vales para unha consumición gratuíta (prezo máximo canxeable 2 euros, e ata fin de existencias) que se deberán gastar nos establecementos hostaleiros participantes. Os vales serán entregados en compras superiores a 25 euros.
A través desta campaña O Barco CCA e os seus asociados queren agradecer aos clientes “o apoio ao sector nun momento complicado como o actual; e transmitir unha mensaxe de unión e forza”.
Establecementos participantes na VII Noite Branca do Barco: