EconomíaEconomíaÚltima hora

Último sábado de xaneiro sen Festa do Codillo na Rúa

Despois de XIII edicións o concello rues queda sen a súa cita gastronómica por culpa da pandemia

Codillo con grelos, patacas e chourizo./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Con máis de 1.000 persoas xantando no pavillón, a Festa do Codillo da Rúa do 2020 foi a edición máis multitudinaria. E precisamente por iso, por congregar a tal cantidade de xente, hai xa tempo que se sabía que, ao igual que todas as citas lúdicas e gastronómicas, non se ía poder celebrar este ano, pero así e todo, dende o Concello da Rúa agardaban poder organizar algo alternativo. “Gustaríanos poder tender unha ponte para seguir mantendo a cita, vinculando aos restaurantes se poden estar abertos porque todo dependerá da situación sanitaria”, aseguraba o concelleiro de Cultura, José Vicente Solarat, hai apenas tres semanas. “A nosa idea é que cos catro ou cinco establecementos que queiran participar poderíase facer unha ‘mini Festa do Codillo’, ofertando incluso un kit completo de codillo para levar, previa inscrición, no caso de non poder ou non querer ir aos restaurantes. É no que estamos traballando pero está todo no aire e condicionado pola evolución do coronavirus que esperamos mellore para entón”, concluía Solarat.

Lonxe de mellorar, a situación empeorou considerablemente nas seguintes semanas, chegando ao nivel máximo de restricións polo que a XIV edición da Festa do Codillo, que tiña que celebrarse hoxe, quedaba completamente cancelada esperando, iso si, poder retomala de cara ao vindeiro ano

Artigos relacionados

Back to top button