
Este ano retómase a edición presencial da Andaina e da Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas, que se celebrará o vindeiro 27 de novembro. A inscrición nesta quinta edición desta proba solidaria pode realizarse en
web: https://www.carreirasgalegas.com/inscripcion/v-carreira-e-andaina-das-cidades-contra-o-cancro-de-pancreas/0b8a6471-ee0e-f968-67af-3a0690f14db7/grupo-2
Os das inscricións son 10€ desde os 16 anos en adiante e 5€ os cativos. Ademais, como en anteriores ocasións, tamén está aberta a posibilidade de facer doazón no Dorsal 0.
Os participantes deben saber que para recibir a camiseta e o dorsal a tempo para a proba a organización recomenda facer a inscrición ata o 22/11 (ou con antelación). Sen embargo, é posible inscribirse ata o día da proba por tratarse dun evento solidario.
⚙️ MODALIDADES:
.- Andaina 🚶🏻♀️🚶🏻: 7 ou 16 km
.- Carreira: 🏃🏻🏃🏻♀️: 7 ou 16 km
“Despois da celebración das probas haberá como sempre a posibilidade de desfrutar do día en convivencia”, din dende a organización.
O importe íntegro das inscricións de acordo á filosofía da Carreiras das Cidades será doado á Asociación ACANPAN (Asociación Cancro de Páncreas) para destinalo ao financiamento das bolsas Carmen Delgado/Miguel Pérez-Mateo convocadas con periodicidade anual por ACAPAN e AESPANC para o desenvolvemento de estudos relacionados coa investigación no diagnóstico e no tratamento do adenocarcinoma de páncreas.