CulturaCulturaÚltima hora

Un aperitivo do VIII Córgomo Arte, no escaparate de Miranda X no Barco

Nel poden verse obras do escultores Manuel Conde e Torino, promotores da citada mostra prevista para decembro

 

Esculturas en madeira, pedra ou ferro intercálanse coa moda desta tempada nos escaparates de Miranda X no Barco. Este establecemento barquense volve a converterse nun espazo exposición a través do seu proxecto “Mirarte” para amosar, nesta ocasión, un pequeno avance do VIII Córgomo Arte.

 

 

Así dende hai uns días Victorino Núñez “Torino” e Manuel Conde, os promotores desta mostra que aposta pola arte no rural, amosan parte das súas esculturas en Miranda X, na avenida Conde Fenosa barquense.

Fotos: Miranda X.

Artigos relacionados

Back to top button