CulturaCulturaÚltima hora

Un belén tradicional na rúa de San Xoán, en Seadur (Larouco)

 

 

Hai dous meses e da man dun veciño, a localidade valdeorresa de Seadur, no concello de Laouco, recuperaba a celebración da Festa da Nosa Señora do Rosario que contou coa bendición e inauguración do futuro “Fogar de acollida Padre Seixas” en memoria de Xaime Seixas Subirats (Santiago, 1915-Valladolid, 1994), relixioso da orde Xesuíta, de fortes conviccións democráticas e profundo defensor da lingua e cultura galegas; e misa solemne, en galego, presidida polo Pai Ramiro dos Ancares.

E agora, en pleno Nadal, o mesmo veciño instalou, na rúa de San Xoán (Nº 66), un nacemento que poderá visitarse durante as festas. “Recuperamos o pesebre, o belén de sempre, para celebrar a festa a solidaridade”, asegura Constantino González Rey.

Artigos relacionados

Back to top button