ConcellosEn portadaO BoloÚltima hora

Un camión cargado cunha pa rompe cables eléctricos e de teléfono no Bolo

 

Esta mañá, arredor das nove e media, un camión cargado cunha pa, que circulaba pola estrada que vai ao Bolo á altura de a Granxa A Capilla de Lentellais, enganchaba nun dos postes de cableado situado á beira da vía. Como consecuencia dos destrozos causados, deixaba en subministro eléctrico e sen servizo de teléfono nin internet a este establecemento, tal e como informan os veciños.

O vehículo continuaba cara diante, dirixíndose á vila do Bolo, e ao chegar a ela, á altura da farmacia volvía enganchar co cableado, provoncando novos danos que, desta volta deixaban á veciñanza sen subministro eléctrico e sen conexións telefónicas nin de internet. Especialmente afectada estaba á farmacia do Bolo, que non pode dispensar medicamentos, nin recibir chamadas e ademais teme que se danen os medicamentos que deben conservarse na nevera se non se restablece en breve o suministro de enerxía.

 

 

Arestora o tráfico na estrada do Bolo está desviado á altura da Granxa Escola e nese punto atópanse os voluntarios de Protección Civil, dirixindo o tráfico. Tamén foi informada destes feitos á Garda Civil.

 

Artigos relacionados

Back to top button