Na tarde do xoves 1 de agosto producíase un ccidente de tráfico no km 36 da na OU 533, no cruce das Ermitas (concello do Bolo) no que se vía implicado un camión sen sen feridos.
En torno ás 17 horas eran avisados os servizos de emerxencia por medio do 112 Galicia de que “o frenazo brusco do camión fixo moverse a carga que quedou incrustada na parte traseira da cabina tractora”.
A causa do accidente, no que actuaron Protección Civil do Bolo, GES da Veiga, Garda Civil da Rúa, Garda Civil de Trafico e Conservación de Estradas, a estrada estivo cortada en dous carrís ata as 22:30 horas, cando se deron por rematados os labores de retirada de carga e camión accidentado.
Fotos cedidas.



