OurenseÚltima hora

Un ciclista tivo que ser evacuado ao CHUO tras sufrir unha caída en Seixalbo, Ourense

 

Na tarde deste martes 16 de abril un ciclista tiña que ser trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, tras sufrir unha caída en Seixalbo, Ourense, logo de ser asistido por profesionais sanitarios, tal como explican dende o 112 Galicia.

Os feitos tiñan lugar preto das 16 horas na OU-105, tal e como explicaron as persoas que contactaron co 112 Galicia para pedir axuda inmediata. “Así, avisouse aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico. Con todo, o ciclista comezou a recibir axuda mesmo antes da chegada dos equipos de intervención por parte de quen acudiu a socorrelo, que lle practicou a reanimación. Efectivamente, a persoa estaba inconsciente tras a caída”, indican dende o 112.

Artigos relacionados

Back to top button