OurenseÚltima hora

Un coche queda envorcado no patio dunha vivenda tras saírse da vía en Cudeiro, Ourense

 

Pouco despois da saída de vía en Carballeda de Avia, producíase outro accidente de tráfico na provincia de Ourense. En torno ás 8:45 horas deste luns 9 de setembro, o 112 Galicia recibía o aviso dunha saída de vía dun turismo e posterior envorcamento no patio dunha vivenda en Outeiro, na parroquia de Cudeiro, próximo á OU-150, no termo municipal de Ourense.

Era un particular quen informaba do envorcamento, asegurando que “unha ocupante do vehículo está saído e parece que está ferida, polo que demos aviso a Urxencias Sanitarias, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros por se fose necesario e Policía Local de Ourense”, din dende o 112.

Ata o lugar acudía a Patrulla OU-106, sendo a “Policía Local quen informaba in situ da evacuación da única ocupante do vehículo ao Hospital de Ourense, dando negativo nas probas de alcohol e drogas”, engaden dende a Garda Civil de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button