ConcellosRubiáÚltima hora

Un condutor resulta atropelado polo seu propio vehículo, en Rubiá

 

En torno ás oito da tarde do luns 6 de febreiro producíase un accidente en Rubiá, onde un condutor quedaba atrapado entre o seu vehículo e unha parede, tal como indican dende o 112 Galicia, asegurando que “os axentes da Garda Civil de Tráfico confirmaron que a persoa foi atropelada polo seu propio vehículo”.

Os feitos producíase na estrada xeral de Villafranca. Alí, “un camioneiro foi alcanzado polo seu vehículo cando descendeu deste”, din dende o 112 expicando que segundo os veciños, “quedou atrapado entre o camión e unha parede, pero conseguiron liberalo sen a necesidade de empregar os equipos de excarceración. Iso si, precisou asistencia médica, pois, tras o golpe, perdeu a consciencia”.

O 112 Galicia recibiu o aviso a través do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para a mobilización de máis recursos como o GES de Valdeorras e os axentes da Garda Civil de Tráfico. Despois de recibir os primeiros coidados, era trasladado ao hospital.

 

Artigos relacionados

Back to top button