CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Un contacontos e xogos de expresión corporal poñen o broche aos obradoiros de Nadal en Petín

 

Ao grande. Con contacontos, teatro e actividades de expresión corporal moi orixinais baixaba o pano o programa de Nadal infantil promovido polo Concello de Petín.

Pasadas as once deste xélida mañá de 8 de xaneiro, a Casa da Cultura de Petín convertíase nun salón de actos no que os cativos asistentes ao obradoiro organizado por Pinchacarneira Ocio e Animación, atendían ao contacontos “A que sabe a lúa?”, con degustación de lambetada incluída.

 

Un momento do contaconto “A que sabe a lúa?”.

 

O contacontos era a primeira das diferentes actividades que se desenvolveron nesta última mañá de obradoiros, incluíndo xogos de representación, entre eles unha imaxinaria viaxe á lúa. “Cada cativo foi metendo de xeito ficticio que cousa se levaría á lúa dentro da maleta, pasándoa ao compañeir@ que debía dicir todo o que foron metendo os anteriores e añadir o seu. Se algún dubidaba, os compañeiros axudábanlle con mimica a lembrar os obxectos que xa había dentro da maleta”, explica a monitora.

Tamén adaptaron o xogo do “Party” cun taboleiro e probas propias para traballar a expresión corporal. Teatro, mímica, cancións, bailes… e desfrutar perdendo a vergonza. O mellor broche de ouro a un Nadal diferente.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as dúas últimas da galería que son cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button