ConcellosManzanedaTrivesÚltima hora

Un dispositivo, dirixido pola Garda Civil de Tráfico do Barco, controlaba o acceso á estación de Manzaneda na fin de semana

Desenvolvíase en colaboración coas agrupacións de Protección Civil de Trives e de Manzaneda

Publicidade

 

Durante a pasada fin de semana, coicindindo coa apertura da tempada de esquí na Estación de Montaña de Manzaneda, un dispositivo de circulación, dirixido pola Garda Civil de Tráfico do Barco de Valdeorras, velaba pola seguridade no acceso a estas instalacións deportivas ata onde se achegaban numerosas persoas.

O dispositivo desenvolvíase o sábado e o domingo e nel contábase co apoio das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Trives e de Manzanera. Ademais tamén se realizaban controis Covid para impedir o acceso á estacióin a persoas confinadas.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button