SanidadeÚltima hora

Un ecógrafo sen elastografía para o Hospital de Valdeorras

O Consello da Xunta autorizaba esta mañá a adquisición dun total de 14 ecógrafos deste tipo para os hospitais galegos

Exterior do Hospital Público de Valdeorras no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na mañá deste 23 de xullo o Consello da Xunta vén de autorizar a tramitación de emerxencia dun expediente de contratación, por valor de 823.000 euros, para a adquisición de 14 ecógrafos para repartir entre os hospitais galegos, un deles para o Hospital de Valdeorras.

Así, adquírense tres ecógrafos de altas prestacións para distribuír entre o Hospital Álvaro Cunqueiro en Vigo, o Hospital Universitario da Coruña e o Hospital Universitario de Santiago. Tamén outros catro ecógrafos con elastografía para o Hospital Universitario de Ourense, o Hospital Lucus Augusti, O Hospital de Montecelo en Pontevedra e o Hospital Aquitecto Marcide en Ferrol. Completan o lote sete ecógrafos sen elastrografía para o hospitais públicos de Cee, A Barbanza, O Salnés, A Mariña, Monforte de Lemos, Verín e Valdeorras.

“A compra destes catorce ecógrafos vén motivada pola observación, ao longo da pandemia, de complicacións asociadas á infección noutros órganos distintos ao pulmón, como os do sistema vascular, corazón, fígado ou riles. Estas complicacións obrigan, no só a realizar un diagnóstico de alta precisión, senón tamén a facer un seguimento activo dos pacientes. Diso deriva a necesidade da realización de estudos ecográficos óptimos e de precisión en distintas patoloxías asociadas a estes pacientes, que ten un papel importante no seu prognóstico e seguimento”, segundo indica Sanidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button